Como está establecido no calendario anual do ano 2023. A Asociación Asistencial SOS T. Baixo Miño, fai entrega dos alimentos correspondentes o mes de xullo.
As entregas de alimentos fanse os sábados día 8 e 22 respectivamente. Durante o mes de xullo do ano en curso, atendéronse a 399 persoas, que forman parte de 158 unidades familiares.
Foron entregadas 10.313 unidades de alimentos, distribuídos como sigue, nos concellos que prestamos axuda:
· Concello de Tomiño, 2.076 unidades.
· Concello de Tui, 5.715 unidades.
· Concello do Rosal, 1.474 unidades.
· Concello de Oia, 1.048 unidades.
Se pueden consultar todos estos datos aquí.