A Asociación SOS Tomiño-Baixo Miño vai por en marcha unha nova edición da campaña de recollida de leite e cacao, como temos feito tódolos anos. Esta campaña, destinada a dar alimentos ás familias necesitadas da comarca, vai a efectuarse coa colaboración das escolas e institutos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia.
A campaña farase entre o 15 de novembro e o 3 de decembro.
Pedímoslle a súa colaboración para participar nesta campaña e poder dar alimentos aos nenos e nenas das familias que precisan algún tipo de axuda.