De forma periódica realizamos eventos de recollida de alimentos en grandes supermercados. Para poder estar ao tanto de cando o onde realizaremos o próximo, síguenos nas nosas redes sociais.
Estos alimentos son aqueles que podemos conservar durante máis tempo coa garantía de que non se compromete a súa calidade. Por iso é o principal tipo de alimento que nos chega.
Este tipo de alimento necesita conservación en frío ou doutro tipo de características, o que fai necesaria unha comunicación previa para que nós poidamos garantir que eses alimentos se conserven nas mellores condicións ata a súa entrega aos beneficiarios.
Estes pódense conservar durante máis tempo que os alimentos frescos, pero tamén debemos ser informados con tempo para poder garantir que as nosas intalacións poden conservalos nas mellores condicións.