A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño puxo en marcha unha campaña de recollida de leite e cacao destinada ás máis de 135 familias necesitadas da comarca. Estase levando a cabo en colaboración cos centros docentes dos catro concellos onde esta asociación exerce o seu voluntariado: Tomiño, Tui, O Rosal e Oia.
Dita campaña quere conseguir que cada alumno e alumna fagan unha doazón de leite e/ou cacao. Este traballo pódese levar a cabo grazas a colaboración dos equipos docentes de cada centro.