A Comunidade Europea enviaba alimentos a través do FEGA (Fondo de Axuda Europea) mediante un programa operativo de axuda alimentaria para as persoas máis desfavorecidas. Este programa iniciouse no ano 2014 e remata en decembro de 2023. A partir do ano 2024 desaparece unha parte importante dos alimentos que chegan ata esta Asociación. Sería un 30% dos alimentos que se ingresan actualmente, en torno a 45.000 ou 50.000 kg anuais.
Por outra parte, o incremento no prezo dos bens básicos, e sobre todo nos destinados a alimentación, fai que esta Asociación poida comprar menos cantidade de alimentos co mesmo orzamento.
Por estas dúas razóns, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, transmitíronlle ao Alcalde de Tui Don Enrique Cabaleiro, e a traballadora social do concello Carmen González, estas necesidades e o temor de que as 75 familias que a Asociación atende queden desprotexidas.
O concello comprometeuse a buscar algunha maneira de axudar a Asociación tanto institucionalmente coma economicamente.