QUERES AXUDAR?

SOS Tomiño Baixo Miño somos un equipo de persoas que creemos que o mundo pode ser un lugar mellor cun pouco de esforzo e moito cariño.

Todos somos voluntarios e igualmente necesarios.

RAZÓNS PARA FACERSE VOLUNTARIO/A

Facer voluntariado é unha boa maneira de coñecer a persoas que, como ti, teñen interese no sector social e poden aportarte puntos de vista novos e outras experiencias. 

Unha boa maneira de comprender o concello ou barrio no que vivimos é entendendo as necesidades que ten. Axuda a SOS Tomiño Baixo Miño, que está no teu entorno, e percibe os resultados do teu voluntariado no teu día a día.

Como calquera actividade que realices, o voluntariado pode axudarche a descubrir competencias que non sabías que tiñas, desafiándoche con tarefas novas, ou ben pode facer que desenvolvas as que xa coñecías. 

Cada vez máis, o voluntariado está a converterse case nun requisito no currículo. As empresas buscan condidaturas comprometidas, que colaboren ou colaboraran con entidades sen ánimo de lucro. 

Dende o coidado, a atención social, a recollida, clasifiación e distribución de alimentos, podes elixir a causa que máis te motive. 

Aprende algo novo, coñece a alguén interesante ou vive unha experiencia inolvidable. O inesperado é sempre sinónimo de bo recordo. Anímate co voluntariado!

A nosa rutina ás veces fainos esquecer que hai outras formas de vida diferentes á nosa; persoa con necesidades distintas e formas de pensar moi diversas.

Este planeta non se vai coidar por si só. Sé parte do mundo que lles deixaremos aos que veñan detrás e faino da mellor maneira posible: dando o teu tempo aos demais. 

Se estás buscando traballo, como comentamos antes, facer voluntariado é unha boa maneira de engadir competencias ao teu currículo e tamén de aproveitar ese tempo libre extra para algo diferente. 

Por suposto que esta ten que ser a túa premisa. Dar tempo aos demais pode ser moi gratificante, así que aproveítao. 

TEMPO DE VOLUNTARIADO

FORMULARIO INSCRICIÓN VOLUNTARIO/A