A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño invita a todas as persoas que o desexen, a asistir ao Xantar Solidario deste ano 2023. Tras os anos que a epidemia impediu esta reunión, este ano poderase levar a cabo esta reunión. Vaise celebrar o día 11 de xuño no Concello do Rosal.
A finalidade deste xantar é o de dar as grazas a todos os voluntarios que colaboran con SOS T. Baixo Miño. Esta comida anual tamén agradecerá a axuda dos colaboradores que coas súas aportacións axudan a manter viva esta asociación. Neste día poden coñecerse todos en persoa: os voluntarios, os colaboradores e as persoas que dirixen a entidade.
A comida terá lugar as 13.30 h e celebrarase baixo unha carpa, no centro da praza do Concello no Rosal. Poranse á venta 250 invitacións para asistir ao xantar. O prezo de cada invitación é de 25 euros. A infantil é de 15 euros.
Todas as persoas que queiran colaborar coa nosa asociación e non poidan ir ao xantar, terán a posibilidade de comprar as entradas da mesa cero, por un prezo simbólico de 5 euros.
As persoas que queiran retirar a súa invitación pode acercarse as nosas oficinas de Tui, Tomiño e o Rosal.