Quen somos?
A Asociación Asistencial SOS Tomiño constituíuse o 13 de febreiro de 2009.
O 29 de xuño de 2013 cambia os estatutos e o nome, pasando a chamarse «ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO».
A finalidade pola que se constitúe é a de conseguir que as persoas físicas e as familias teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimento.
Esta asociación ten o seu ámbito de actuación nos concellos de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia.
A sede social de SOS Tomiño Baixo Miño está na rúa Colón s/n, Tomiño 36740 Pontevedra.
Está inscrita no Rexistro de Entidades que prestan servizos sociais co nº E-5390.
A asociación realiza accións para axudar aos/ás beneficiarios/as que están en situacións económicas e sociais precarias.
A maneira de actuar é a seguinte:
1. Constituír e administrar un banco de alimentos, xestionando os seus recursos entre os/ás beneficiarios/as.
2. Xestión de doazóns procedentes de persoas ou entidades, públicas ou privadas.
3. Reparto de alimentos, en base a unhas normas preestablecidas.
O programa de asistencia social en Tomiño, Tui, O Rosal e Oia baséase nas seguintes accións:
- Acceso a alimentos de primeira necesidade, para aquelas familias nas que o seu nivel de ingresos non lles permita ter accesibilidade á compra de productos alimentarios para unha dieta nutricional adecuada, sobre todo en familias onde existan lactantes, persoas maiores ou enfermos.
- Reparto dúas veces ao mes dunha bolsa de alimentos con produtos de primeira necesidade (leite, aceite, legumes, cereais, peixe, carne, pan, pasta, etc…).