Familias atendidas e alimentos entregados durante o primer semestre do ano 2024
En SOS Tomiño Baixo Miño, os voluntarios estivemos de descanso.
Agora toca facer balance don trballo que se fixo na primeira parte do ano 2024.
Seguindo o calendario establecido, durante o ano 2024, a Asociación Asistencial SOS T. Baixo Miño, fixo entrega dos alimentos, cada dúas semanas, nos catro concellos onde traballamos.
O balance correspondente aos meses de meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño e xullo de 2024, é o seguinte:
1. Foron entregadas 64.602 unidades de alimentos, distribuídos en cada concello, da maneira seguinte:
- Concello de Tomiño. 12.405 unidades.
- Concello de Tui. 36.161 unidades.
- Concello do Rosal. 9297 unidades.
- Concello de Oia. 6739 unidades.
2. Atendemos a unha media de 125 familias o mes, o que representa unha media de 209 persoas:
- Concello de Tomiño, atendemos a unha media de 24 familias, que representan a 69 persoas.
- Concello de Tui, atendemos a unha media de 65 familias, que representan a 196 persoas.
- Concello do Rosal, atendemos a unha media de 21 familias, que representan a 46 personas.
- Concello de Oia, atendemos a unha media de 15 familias, que representan a 32 persoas.
Para máis información
sostomino@hotmail.es
www.sostomino.org