Os asociados teñen os seguintes dereitos:
- Participar nas actividades da asociación nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito ao voto, así como asistir á Asamblea Xeral, de acordo cos Estatutos.
- Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
- Ser escoitado con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impón sanción.
- Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
- Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva co fin de mellorar o cumprimento dos obxectivos da Asociación.
- Acceder á documentación da asociación a través do procedemento establecido pola Xunta Directiva.
Para ser socio/a debes completar e enviar a sostomino@hotmail.es o seguinte formulario:
FORMULARIO SOCIO-A