Tras a desaparición dos alimentos do FEGA, SOS Tomiño necesita novos recursos.

A Comunidade Europea enviaba alimentos a través do FEGA (Fondo de Axuda Europea) mediante un programa operativo de axuda alimentaria para as persoas máis desfavorecidas. Este programa iniciouse no ano 2014 e remata en decembro de 2023. A partir do ano 2024 desaparece unha parte importante dos alimentos que chegan ata esta Asociación. Sería un 30% dos alimentos que se ingresan actualmente, en torno a 45 ou 50.000 kg anuais.

Por outra parte, o incremento no prezo dos bens básicos, e sobre todo nos destinados a alimentación, fai que esta Asociación poida comprar menos cantidade de alimentos co mesmo orzamento.

Por estas dúas razóns, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai tentar falar con representantes dos Concellos nos que presta axuda, para pedirlles que incrementen a súa colaboración.

Iniciaron esta rolda de conversas co Concello de Tomiño.

Transmitíronlle ao responsable da Area Social do Concello, Rubén García e a concelleira Cristina Martinez estas necesidades e o temor de que as 25 familias que a Asociación atende, queden desprotexidas.

O concello comprometeuse a buscar algunha maneira de axudar a Asociación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *