Xantar Solidario

A Asociación SOS Tomiño- Baixo Miño celebrou o seu Xantar Solidario 2023, o domingo día 11, ao que asistiron máis de duascentas persoas. Esta asociación, que leva traballando 14 anos na comarca, celebra este xantar cada ano, agás durante os anos da pandemia derivada da COVID. 

O Xantar tivo lugar na nova Praza do Calvario, no Rosal, e a súa alcaldesa,  Ánxela Fernández, deu a benvida aos presentes e lembrou a todos, o importante traballo que esta asociación fai “para acadar o benestar social da veciñanza desta comarca”. 

Tamén asistiron representantes de todos os concellos onde traballa a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, agás do Concello de Oia. Estaban presentes representantes dos Concellos do Rosal, de Tomiño e de Tui.  

Iniciouse coas palabras da Secretaria da Asociación, Reyes Cebada, que explicou o motivo do Xantar. “Trátase, por unha parte, de agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias que traballan todo ano de forma desinteresada e anónima. Por outra parte, agradecer aos colaboradores que doan alimentos, diñeiro ou traballos que fan de balde  

O traballo desta Asociación comezou hai catorce e, coma dixo o seu presidente José Quinteiro,  quen recordou que “xa teñen entregados máis de dous millóns de kilos de alimentos e teñen sido atendidas 770 familias, nos concellos de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia”.  

Despois tomou a palabra  o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez, quen destacou a labor que a asociación fai e “o traballo estreito e a colaboración que hai entre ambas entidades”.  

Asistiu o presidente do Rotary Club Valença, quen recentemente premiou a esta asociación pola súa labor e representantes doutras asociacións da comarca coma Érguete Baixo Miño e Conrazones.  Os colaboradores recibiron un agasallo feito especialmente para ese Xantar pola Asociación Avelaíña da Guarda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *