I Papanoelada Moteira Tui 2025

O espírito do Nadal regresa con forza ás rúas de Tui coa I Papanoelada Moteira, un evento solidario e festivo que encherá as aldeas de alegría, motor e moita ilusión. Unha cita aberta a todas as persoas afeccionadas ás motos, e tamén ás que non o son.

Cun único obxectivo: colaborar con SOS Tomiño e recoller alimentos para quen máis o precisa nestas datas.

📅 14 de decembro
🕓 Saída ás 16:00 h
📍 Paseo da Corredoira, Tui

A xornada comezará co punto de recollida de alimentos e a concentración moteira, onde tamén se recollerán caramelos destinados aos máis pequenos. A continuación, terá lugar unha ruta moteira de 45 km percorrendo distintas aldeas do concello, creando un auténtico espectáculo de Papás Noeles sobre dúas rodas.

👉 Requírese vir vestido/a de Papá Noel, tanto moteiros/as como acompañantes.

ℹ️ Máis información:
📞 680 62 00 38 (Suso)
📞 636 92 76 23 (Berto)

En caso de choiva, o evento adiarase para o día 21.

Evento organizado polo Concello de Tui e en colaboración con As Rutas de Suso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *