A Árbore dos Desexos en Tui

Este Nadal, a praza da Inmaculada énchese de maxia coa Árbore dos Desexos, unha iniciativa solidaria na que poderás cumprir os soños dos nenos e nenas das familias de SOS Tomiño Baixo Miño.

Nas súas pólas atoparás desexos reais, escritos polos pequenos. Só tes que: 

  • Escoller o desexo co que máis conectes.
  • Mercar o agasallo correspondente ao neno ou nena.
  • Entregalo na Biblioteca Municipal de Tui (2º planta), onde atoparás un buzón específico.
  • É importante pegar o desexo na parte superior do regalo, para saber a quen vai dirixido. 
Unha vez recollidos todos os agasallos, SOS Tomiño encargarase de entregalos ás familias, convertendo a túa xenerosidade nun sorriso inesquecible.
 
Colabora e axúdanos a que ningún desexo quede na póla. Este Nadal, ti tamén podes ser maxia. 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *