Este Nadal, a praza da Inmaculada énchese de maxia coa Árbore dos Desexos, unha iniciativa solidaria na que poderás cumprir os soños dos nenos e nenas das familias de SOS Tomiño Baixo Miño.
Nas súas pólas atoparás desexos reais, escritos polos pequenos. Só tes que:
- Escoller o desexo co que máis conectes.
- Mercar o agasallo correspondente ao neno ou nena.
- Entregalo na Biblioteca Municipal de Tui (2º planta), onde atoparás un buzón específico.
- É importante pegar o desexo na parte superior do regalo, para saber a quen vai dirixido.
Unha vez recollidos todos os agasallos, SOS Tomiño encargarase de entregalos ás familias, convertendo a túa xenerosidade nun sorriso inesquecible.
Colabora e axúdanos a que ningún desexo quede na póla. Este Nadal, ti tamén podes ser maxia.
