O Nadal máis solidario tamén se baila 💃✨
En SOS Tomiño Baixo Miño sentimos unha fonda gratitude por ser a entidade destinataria dos alimentos recollidos no evento Natal Dançando Juntos 2025, unha iniciativa que une danza, ilusión e solidariedade a ambos lados da fronteira 🇵🇹🇪🇸
Cada edición deste evento é unha festa de xenerosidade: escolas de danza, profesores e participantes únense para recoller alimentos destinados ás familias que máis o precisan.
En 2024, lograron máis de 1,5 toneladas de alimentos, e este ano o reto é superar as 2 toneladas 🧡
Dende SOS Tomiño queremos agradecer de corazón a todas as persoas que fan posible esta marabillosa acción solidaria. Porque cando a arte e a empatía van da man, cada paso conta e cada xesto transforma 💚
