O pasado domingo 15 de xuño celebramos con gran éxito a nosa anual Comida Solidaria nas instalacións do Colexio Maristas de Tui. Grazas á vosa colaboración e participación, vivimos unha xornada chea de solidariedade, encontros e bo ambiente.
Queremos anunciar que os números premiados foron os seguintes:
🎉 10797. Primer premio 🎉 44270. Segundo premio
Parabéns as persoas afortunadas! Podedes poñervos en contacto coa asociación para reclamar o premio.
Moitas grazas a todas e todos por facer posible un ano máis esta comida solidaria.