No porto da Garda, Generoso Cadilla leva mais de 16 anos realizando un belén no baixo da súa casa. Ten máis de 20 metros cadrados e está feito de materiais reciclados.
A visita a este Belén, é de balde. Pódese ver a partir das 16:00 horas, e os sábados e domingos tamén pola mañá de 12 a 13:30 horas.
Quen queira visitalo pode pasar e chamar ao timbre, Generoso fará de guía e poderá explicar polo miúdo como foi feito e como consigue o movemento de moitas das figuras.
Se algún grupo ou colexio quere visitalo, só ten que chamar ao número de teléfono 608 14 07 36.
Esta obra contribúe cos seus donativos a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.
