A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño invita a todas as persoas que o desexen, a asistir ao XANTAR SOLIDARIO 2025.
Vaise celebrar o día 15 de xuño no Concello de Tui (Colexio Maristas). Ao fin do xantar, haberá un sorteo de agasallos para os asistentes.
A finalidade deste xantar é dobre: dar as grazas a todos os voluntarios que colaboran con SOS T. Baixo Miño e agradecer a axuda dos colaboradores que, coas súas aportacións apoian a esta asociación. Neste día poden coñecerse todos en persoa: os voluntarios, os colaboradores e as persoas que dirixen a entidade.
A comida terá lugar as 13.30 h no colexio Maristas, no Concello de Tui. Poranse á venta 250 invitacións para asistir ao xantar. O prezo de cada invitación é de 27 euros. A infantil é de 15 euros.
Todas as persoas que queiran colaborar coa nosa asociación, pero poidan ou non queiran ir ao xantar, terán a posibilidade de comprar as entradas da mesa cero, por un prezo simbólico de 2 euros. Estas entradas da mesa cero entrarán no sorteo de:
– Unha caixa regalo Smartbox (duas noites con almorzo e cea pa duas persoas).
– Unha caixa regalo Smartbox (duas noites con almorzo pa duas persoas).
As persoas que queiran retirar a súa invitación poden acercarse as nosas oficinas de Tui, Tomiño e o Rosal.
