Leite e cacao solidarios

A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño puxo en marcha unha campaña de recollida de leite e cacao destinada ás máis de 125 familias necesitadas da comarca.

Estase levando a cabo en colaboración cos centros docentes dos catro concellos onde esta asociación exerce o seu voluntariado: Tomiño, Tui, O Rosal e Oia.

Dita campaña quere conseguir que cada alumno e alumna fagan unha doazón de leite e/ou cacao.

Este traballo pódese levar a cabo grazas a colaboración dos equipos docentes de cada centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *